Skip to main content

Sonia Barreiro

Clínica dental sonia Barreiro
A túa saúde nas mellores mans

Clínica dental en Coristanco

Mellorar a saúde bucodental e fomentar hábitos de vida saudable son os dous obxectivos principais da nosa clínica. Nela realizamos actividades propias da odontoloxía, desde a prevención e o diagnóstico ata o tratamento das anomalías, lesións e enfermidades dos dentes e tecidos anejos.

Todo iso cun tratamento e unha atención personalizada, altamente profesional, pois o noso reto é lograr a máxima satisfacción de todos os pacientes que nos visitan.

Ortodoncia

Logra o sorriso que che mereces.

Odontoloxía estética

Saca a relucir o mellor de ti.

Rehabilitación mediante prótese fixa e removible

Recupera o teu sorriso; recupera a túa saúde.

Odontoloxía conservadora

Dálle unha segunda vida aos teus dentes.

Aparatos dentales

A importancia de visitar o dentista

Para vivir, o ser humano debe cubrir as súas necesidades básicas, principalmente, fisiolóxicas. Estas son, entre outras, respirar, beber auga (hidratarse) e alimentarse.

Se os nosos dentes, as nosas enxivas e a nosa cavidade oral están sas, a nosa calidade de vida mellorará e a nosa autoestima verase aumentada, contribuíndo todo iso a evitar a aparición de determinadas enfermidades.

Que mellor motivo hai para acudir ao dentista!

Visitas de control

Os controis periódicos da cavidade oral presentan unha serie de beneficios a ter en conta:

  • Axúdanos a previr e a detectar problemas que a  a longa poden desenvolver patoloxías maiores.
  • Evita tratamentos máis complexos e custosos, polo que gañamos en tempo, en saúde e na economía.

A nosa vocación é a túa saúde

A Clínica Dental Sonia Barreiro naceu no ano 2007. Liderada pola Dra. Barreiro (odontóloga desde o ano 2001), apaixonada da odontoloxía e especialmente da ortodoncia.

Conta cun equipo profesional altamente cualificado, dedicado a axudar aos pacientes para mellorar a súa saúde bucodental atendendo a tres áreas principais:

Prevención

Coa prevención diminuímos o risco de aparición dunha enfermidade ou detemos a progresión da mesma, mediante distintas accións que son:

  • Fomentar hábitos e estilos de vida saudable: alimentación adecuada,
    correcto cepillado, revisións periódicas…
  • Avaliación dos riscos das diferentes enfermidades bucais.
  • Realización de métodos preventivos adaptados a cada paciente: selladores de fisuras, profilaxe dental, instrucións de cepillado entre outros.
  • Formación e información sobre prevención a pacientes con patoloxía
    sistémica ou bucodental previa, embarazadas, portadores de ortodoncia e prótese, nenos, anciáns, deportistas.
Smiling dentist showing patient the artificial dentures

Diagnóstico

Procedemento mediante o cal se identifican as anomalías, lesións e enfermidades dos dentes e dos tecidos anejos. Baséase en:

  • A historia clínica: antecedentes familiares e persoais.
  • Exploración clínica, tanto das estruturas orais como das maxilofaciales.
  • Exploración radiolóxica: con radiografías periapicales, aletas de mordida, laterais, ortopantomografía, TC.
  • Modelos de estudio e fotos.
  • Otros métodos en casos máis complexos.

Un bo diagnóstico é de gran importancia para elaborar un plan de tratamento adecuado a cada necesidade.

Tratamento

É o conxunto de medios aplicados á cura dunha enfermidade. Estes poden ser exodoncias ou extraccións dentais, endodoncias ou tratamento de condutos, obturacións ou reconstrucións, ortodoncia, tratamentos periodontales, reposición de pezas dentais, entre outros.

Dentista boca sana

A nosa mellora constante xera confianza entre aqueles que nos visitan, traballamos desde a honestidade e o bo facer, desde a calma e a serenidade buscando a solución ideal e individualizada a cada paciente.

En que podemos axudarche?

En clínica dental Sonia Barreiro dispoñemos das mellores instalacións para garantirche o sorriso que che mereces.

A Nosa Clínica

Gabinete

Ferramentas dentais

Encargámonos do teu sorriso

En clínica dental Sonia Barreiro, atoparás un equipo altamente cualificado que se envorcará nas túas necesidades para asegurarnos de que o teu sorriso recibe o coidade que che mereces.

Atención personalizada

Servioz profesional

Innovación constante

happy-woman-lying-on-bed-and-looking-at-camera-AG4TZW5.jpg

Falemos hoxe mesmo!

Ponche en contacto connosco e atenderémosche encantados de axudarche.

Sonia Barreiro Logo
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.